martes, 6 de novembro de 2018

Presentación do proxecto

Quen somos? 

Unhas nenas e nenos de quinto de primaria do CPI Antonio Orza Couto.


 

Que queremos facer e aprender? 
  • Gustaríanos axudar á xente para que teña unha vida sa e equilibrada. Por iso imos realizar unha investigación sobre os hábitos saudábeis das nosas familias e indicaremos os resultados da nosa investigación mediante diagramas circulares no apartado: "resultados da investigación".
  • Queremos crear unha listaxe de consellos saudábeis para que todas as persoas que lean o noso blogue coñezan como poden mellorar a súa saúde. 
  • Interesaríanos investigar sobre os xogos e bailes populares do noso concello para coñecelos e compartilos cos nosos compañeiros/as do colexio.
  • Pretendemos crear un baile galego, muiñeira, para que nenos e nenas da nosa idade aprendan dunha maneira divertida como ter unha boa saúde.
 
Como nos imos organizar? 



Equipo de realización do videoclip 

Equipo técnico Cámaras: Adrián e Miguel Anxo.
Vestiario: Carla e Ainoa.
Maquillaxe: Noa e Verónica.

Director: Andrés
Guionista: Miguel e Fabián.
Decorado: Mariña e Antia.
Coreógrafas: Santi e Bea.
Posprodución: Serxio.



Cal é o noso obxectivo final? 


Ensinarlle a xente a importancia de ter en conta os hábitos saudábeis para mellorar a súa saúde.